Hoxe é Luns 4 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os fachos volven alumear a Peneda

fachos

O monte da Peneda acolle esta noite a XXV edición da Festa dos Fachos cunha celebración na que ademaias da festa non faltará o espírito reivindicativo. Nesta ocasión será a cargo de Borxa González do colectivo Orgullo Galego encargado de ler o pregón. O ascenso arrancará ás 23:30 horas.

A popular cita retoma este ano a normalidade, logo de que o ano pasado si se realizase pero con restricións pola pandemia. Así, está previsto que sexan unhas 700 persoas as que participen dunha romaría na que os participantes percorren o monte cos fachos accesos formando unha serpe de luz que esta previsto arranque ao redor das 23:30 horas. Unha hora antes xa se poderán adquirir os fachos que alumearán na ascensión ao monte a unprezo de 5 euros. Un ascenso de 1500 metros ata a zona da sobreira da Peneda a escasos metros do cumio, lugar no que terá lugar a tradicional fogueira e a lectura do pregón, con posterior queimada e rosquillas.

Unha cita festiva e reivindicativa organizada pola Asociación Alén Nós, a asociación vecinal Pozovello de Arcade, as comunidades de montes de Arcade de Riba e O Viso e a colaboracións dos concellos de Redondela e Soutomaior.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará