Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O castelo de Soutomaior retoma as visitas teatralizadas e caracterizadas durante este verán

castelo

As visitas, organizadas pola Deputación de Pontevedra, desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 30 de agosto. As entradas pódense adquirir en www.castelodesoutomaior.com. Haberá 800 prazas para as visitas caracterizadas, dirixidas ao público adulto, e outras 450 para as visitas teatralizadas, destinadas ás familias

As visitas caracterizadas, a cargo da empresa Aguias, consisten nun percorrido polo Castelo de Soutomaior e os seus xardíns da man de tres anfitrioas “de excepción”: María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia Lluria. As tres mulleres, “perfectamente caracterizadas para a ocasión, darán a benvida ás persoas participantes ás que achegarán a un dos parques botánicos máis fermosos de Galicia” indicou Carmela Silva. Estas visitas terán lugar en xullo o día 1, con dous pases ás 18 e 19.30 horas, e os días 8, 15, 22 e 29 con catro pases cada día ás 11, 12.30, 19 e 19.30 horas. En agosto serán os días 5, 19 e 26 con dous pases ás 11 e 12.30 horas e os días 2, 9, 23 e 30 tamén con dous pases ás 18 e 19.30 horas. En cada un dos pases poderán participar un máximo de 25 persoas.

En canto ás visitas teatralizadas, a cargo de Troula Animación, desenvolveranse en forma de conto. Con “Érase unha vez…”, detallou a presidenta, “diferentes personaxes estreitamente relacionados coa vida no castelo como a bufona burlona (encargada de dirixir, dinamizar e organizar a visita), Servando Trobador (encargado da parte musical), Irma (xefa de cociña e ama de chaves do Castelo) e Simón Durmiñón (cabaleiro do Castelo) as familias achegaranse ao castelo de xeito moi divertido”. Terán lugar en xullo os días 4, 11, 18 e 25 con dous pases ás 17 e 18.30 horas e en agosto o 1, 8, 15, 22 e 29 tamén con dous pases ás 17 e 18.30 horas. Ao igual que no caso das visitas caracterizadas, nas teatralizadas poderán participar 25 persoas en cada un dos pases.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará