Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andrea De la Hera e David Alcolado, campións na Batalla de Rande

batalla rande

O madrileño David Alcolado e a biscaíña Andrea de la Hera proclamáronse gañadores da Travesía a nado Batalla de Rande 2022. Foron os dominadores de principio a fin nun selecto grupo de 95 nadadores dos que só catro abandonaron e, aínda que De la Hera aspiraba a ser a primeira muller en converterse en vencedora absoluta, Alcolado impúxose nunha emocionante final da esixente proba de 27 quilómetros.

Alcolado, cun crono de 5:53:07, impúxose por diante de Cayetano Muñoz (6:05.07) e Javier Izaguirre (6:06.43), quedando moi preto da marca de David Branco, 5:41:01. En categoría feminina, De la Hera asinou un 6:07:37 co que deixou por detrás a Patricia Agüera, gañadora das edicións de 2018 e 2021 (7:08:38), e á viguesa Rita Hernández. Nos que afrontaban o reto sen neopreno, gañaron o arxentino Fernando Espiña e a brasileira Alessandra Cima.

As condicións do mar na xonrada na que se celebrou a proba, o pasado sábado, con ventos sur moderados e con ondas bastante molestas para deportistas e embarcacións de apoio, acompañaron o desenvolvemento da proba até metade. Logo, non se cumpriron as peores previsións de vento e os nadadores conseguiron en xeral bos rexistros, con recoñecemento aparte para o crono da travesía de Alcolado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará