Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival Millo Verde enche de música a praia de Cesantes

millo verde

O Festival busca recuperar os grandes concertos prepandemia

Grupos chegados de Italia, Holanda, Francia e Chile, formacións nacionais e presenza tamén de grupos locais integran un cartel que arranca hoxe xoves coa actuación do grupo vasco Intxixv, as galegas Treinteañeras cañeras e os redondeláns Chaleco reflectante. Uns concertos que arrancarán as 21:00 horas e que serán o inicio dun festival que ofrece tamén propostas para o público infantil, obradoiros de ioga, actividades deportivas e xogos xa tradicionais como o eskalabirras.

Un programa cargado de grupos “diferentes e que non se adoitan escoitar noutros festivais incluso a nivel estatal” explica Andrés Edreira, membro da organización quen pon tamén o acento no variado do cartel “cumbia, punk rock, música folk ou música máis indi, dando cabida tamén a grupos locais”.

Unha programación que supón volver a normalidade logo dunha edición a do ano pasado, moi restrinxida en canto ao público e número de propostas. O cartel deste 2022 é máis ambicioso e deixa actuacións de grupos internacionais como  os chilenos Newen Afrobeat ou os franceses de La Phaze quen actuarán o venres nuns concertos que arrancarán ás 22:00 horas coa galega Pauliña.

O sábado, día grande do festival, a programación arrancará xa pola mañá cunha sesión de ioga ás 11:00 horas e actuación vermú co Rabelo. Pola tarde oco para os máis pequenos con xogos a cargo da asociación Artelixo e o circo Nono. Un programa que recupera tamén o clásico xogo do eskalabirras e o balonmán na praia coa colaboración da SAR.

A xornada rematará cos concertos de The Mirror ás 22:30 seguido de Chotokoeu, a Fanfara Station chegada dende Italia e os holandeses The Sex Organs. Unha longa noite de música que rematará coa actuación xa as catro da madrugada da Brigada Sound.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará