Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello critica que a Xunta “ignore” as necesidades dos colexios públicos de Redondela

cole reboreda

O Colexio de Reboreda é un dos que demanda unha reforma integral

A Consellería anuncia unha achega de medio millón de euros para tres CEIP de Mos “mentres deixa sen cumprir os compromisos adquiridos dende o 2019 con Redondela, cuarto municipio da provincia e con mais do dobre de centros escolares públicos”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas cualifica de “impresentable” que a Consellería anuncie o investimento de máis de medio millón de euros en tres CEIP de Mos, con menos da metade de colexios que Redondela “mentres segue a incumprir os compromisos adquiridos co Concello redondelán”.

Rivas lembra que en senllas reunións mantidas co Xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares no 2019 e coa Delegada Territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, en maio do 2021, trasladóuselle á Xunta de Galicia a situación dos colexios de Redondela, case que todos con case que medio século de antigüidade, e acadárase o compromiso de establecer un calendario para acometer as obras demandadas”.

Das obras “de realización urxente” que se puxeron sobre a mesa estarían o falso teito do CEIP de Angorén que está a medio facer; o peche da pista de Cedeira “dixeron que o ían facer, pero sen establecer data algunha”; o cambio das ventás do colexio de Cesantes “as farán cando remate o curso, dous anos e medio despois de terse comprometido” e na reforma integral do colexio de Reboreda “van dando cartos aos poucos e a dirección decide as obras a realizar, cando o desexable sería facer a remodelación total que o centro precisa”, di Digna Rivas.

De outras obras, como a pista cuberta do IES Chapela, a ampliación do patio do CEIP Laredo, a ampliación do IES Pedro Floriani ou a retirada do amianto da cuberta nese centro e no CEIP de Cedeira “non se ten noticias nin asemella que se vaia adoptar solucións”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará