Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla sobre o Cancro de pel e fotoprotección en Chapela

cancro pel

A farmacéutica Marina Huarte Alonso-Macías, será a encargada de impartir esta charla que se desenvolverá ás 19:30 horas na Asociación de Mulleres Agarimo de Chapela (rúa Manuel Rodríguez Casal, 1). Unha charla na que se falará de cómo protexer a pel dos efectos nocivos do sol e a radiación ultravioleta así como dos signos que nos poden alertar de un lunar ou mancha potencialmente sospeitosos.

Na charla abordaranse cuestións como a necesidade de aplicar un bo protector, que cumpra a normativa europea e que teña unha protección axeitada ao noso tipo de pel, e que se aplique non só no verán, cando máis expostos estamos ao sol, senón tamén que se empregue no inverno en mans e cara “porque aínda que non haxa sol, a radiación ultravioleta sempre está presente, e a aplicación dunha crema será fundamental por cuestións estéticas, porque evita o envellecemento, e principalmente por cuestión de saúde”.

Lembra María Huarte que o cancro de pel é o tipo de tumor máis frecuente polo que ademais de protexernos é preciso estar atentos a calquera signo ou alteración que detectemos en lunares ou manchas.

O cáncer de pel é o tipo de tumor máis frecuente, pero ten bo prognóstico cando se detecta e trata a tempo. Por iso insiste na importancia de aplicar medidas de prevención e adoptar unha actitude de vixilancia ante calquera alteración que poida resultar sospeitosa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará