Hoxe é Venres 1 de Xullo de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma en defensa da Enseada esixe a inmediata paralización da actividade industrial no Peirao de Pedra de Rande

explanada

Lembran que a empresa Terminales Atlánticas Vigo non dispón da preceptiva concesión administrativa da Autoridade Portuaria de Vigo para realizar actividade de transporte, almacenaxe, reparación e distribución de contenedores marítimos. Engaden dende a Plataforma que tampouco tramitou ninguha autorización nin licenza para esa actividade industrial no Concello de Redondela, polo tanto carece de todos os permisos municipais.

A Plataforma amosa o seu apoio ao goberno local no seu rexeitamento a esta actividades promovida dende a Autoridade Portuaria e instan a que se paralice de xeito inmediato “polas grandes molestias que padece diariamente a veciñanza debido aos contínuos ruidos ocasionados polo tránsito de camións especiais, polos movimentos da maquinaria de estiba e desestiba aos que se lles engaden os estrondos producidos na reparación da chapa metálica dos contenedores”.

Entenden que “esta situación require unha actuación inmediata do Concello baseada na aplicación da legalidade e apoiada coa participación da veciñanza nun asunto municipal de grande repercusión para o presente e futuro de Redondela”.

Ademais da actuación concreta de cara a paralizar a actividade actual instan ao concello da impulsar as xestións necesaris para que se proceda á desafectación da enseada para garantir neste espazo exclusivamente actividades compatibles coa Rede Natura como as actividades tradicionais de pesca, marisqueo e cria de mexillón.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará