Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O voto en contra de PP e BNG impide aprobar o orzamento

pleno orzamentos

O goberno local si contou co apoio de AER, pero a suma non foi suficiente para aprobar o documento económico presentado pola concelleira do PSOE, María Castro, como “o mellor orzamento para Redondela”. O BNG mantivo ata o final a incógnita e sería na súa última intervención cando o seu voceiro, Xoán Carlos González anunciaba o voto en contra do seu grupo por entender que non se atendían as súas demandas, entre as que destacou a necesidade de mellorar a anunciada pista de atletismo para o Illa de San Simón.

Xoán Carlos González, BNG

Os dous votos dos concelleiros nacionalistas sumábanse así aos 9 do PP, e invalidaban os dez a favor que sumaban PSOE (7) e AER (3). Unha votación que chegaba logo dun longo debate que arrancaba coa voceira do PSOE defendendo o orzamento do seu grupo e agradecendo “as achegas e colaboracións de AER e BNG independentemente do resultado da votación”.

Un orzamento que definiu como “realista” e do que salientou os máis de 2,2 millóns de euros que se prevían investir en obras diferentes como a praza de Ponteareas, rehabilitación do antigo conservatorio, recuperación das casas dos Mestres como museo ou o skate park en Chapela así como a mellora da Alameda Rosalía de Castro nesta parroquia.

María Castro, PSOE

Na súa primeira intervención criticaba o edil do BNG que o orzamento do PSOE fora en gran parte herdado do PP sen que se modificaran ordenanzas como a de emerxencia social “da igual a cantidade que se lle asigne se logo para acceder a eses cartos se esixen unha condicións praticamente imposibles” ou que se fixera fincapé na débeda 0 “un concepto propio de gobernos neoliberais”. Xa facían entrever o seu posible voto en contra ao explicar que “se aproben ou non estes orzamentos, os servizos van seguir prestándose”.

Xoán Carlos González, BNG

Pola súa banda dende AER ratificaban o seu voto a favor atendendo a un documento de 17 puntos asinados na xornada de onte co goberno. Con todo, Roberto Villar, insistía na súa intervención en que “malia tratarse dos orzamentos máis traballados da historia, facemos isto por responsabilidade “aínda que non nos fiamos de que o goberno de Rivas vaia cumprir o acordó asinado, polo que se revisarán mensualmente os compromisos acadados nese documento”.

Roberto Villar, AER

As críticas máis duras procederon da bancada popular, onde se estreaba como voceiro Iván Crespo na vez de Carmen Amoedo. Unha intervención na que afeou ao goberno local “o seu pouco interese en negociar cos populares estas contas” e anunciaba o seu voto en contra por “tratarse dun orzemento que non reflicte a realidade, baseado nas contas do 2018 cando a situación actual é moi diferente logo dunha pandemia e por estar feito “de costas a Redondela”.

Iván Crespo, PP

Unhas críticas ás que respondía a edil de economía insistindo en que “non ten argumentos o PP para votar en contra destes orzamentos, os mellores dos que se trouxeron nunca ao pleno de Redondela”.

María Castro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará