Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Inauguración da Vía Verde de Chapela con banda sonora propia

vía verde

O acto inaugural deste sendeiro será este sábado 21 ás 20:00 horas e contará con banda sonora propia xa que, para esta ocasión, a Banda de Música de Chapela ofrecerá un concerto baixo o nome “Cambio de Vía” no que se combina a música composta pola formación co relato escrito e narrado por Berto Pirata.

Música e letras únense para homenaxear ao tren e dar a benvida á Vía Verde de Chapela nun acto inaugural que se desenvolverá este sábado malia que a Vía verde está operativa dende hai xa meses. Un acto inaugural que tivera que se aprazado no seu momento polas restriccións sanitarias.

A alcaldesa, Digna Rivas puxo de manifesto a importancia deste tipo de actuación que buscan gañar espazos para o esparexemento e convivencia da cidadanía. A rexedora local lembrou que a transformación da zona que ocupaba a vía férrea va máis aló da propia Vía Verde xa que la contorna a antiga estación crearase un espazo deportivo e skatepark cuxo proxecto atópase, nestes momentos, en fase de redacción. A posta en marcha deste espazo “da resposta ás demandas da mocidade de Chapela e, ao mesmo tempo, continúa o proceso de recuperación e transformación da contorna”.

“Asistimos nestes tempos a un cambio de tendencias nas vilas e cidades nas que se prima a recuperación de espazos para as persoas fronte aos vehículos, transformándoas en espazos amables, seguros e que melloran a calidade de vida das veciñas e veciñas”. Nese sentido, a Vía Verde recupera un espazo absolutamente degradado para convertelo “nun balcón privilexiado sobre a ría”, conclúe Digna Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará