Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta abre expediente á residencia de Pazos de Borbén

mi casa

A Xunta da Galiza vén de abrir un expediente a residencia Mi Casa de Pazos de Borbén. O anuncio chega días despois de que a Asociación Galega de Familiares e usuarios de residencias Vellez Digna denunciase graves deficiencias no coidado sanitario dos maiores, na hixiene e na alimentacións dos mesmos.

Alfonso Rueda deu conta na rolda de prensa posterior ao Consella da Xunta da apertura dun expediente á residencia ‘Mi Casa’. O xefe do Executivo galego anunciou que a “Xunta falou con inspección e abriu un expediente e estase tramitando”. Precisamente, os escritos de Trega e Vellez Digna ían dirixidos aos servizos de inspección da Consellaría de Política Social así como aos responsábeis da Consellaría de Sanidade. Neste sentido, fontes dos colectivo lamentan a tardanza do Goberno galego en “dar resposta nunha situación límite”.

Rueda asegurou que “non imos tolerar que nin unha soa residencia se salte as normas”, se ben matizou, que “non podemos pensar que a inmensa maioría das residencia non cumpren as condicións, porque si o fan”. As palabras de Rueda sitúanse na liña do avanzado nestes días pasados polo Consellaría de Política Social, que asumiu a existencia de “carencias” no centro de maiores de Pazos de Borbén.

As entidades denunciantes critican a falla de dilixencia na actuación da Xunta da Galiza e a tardanza á hora de actuar malia as denuncias presentadas.

En declaracións ao Faro de Vigo, a dirección da residencia de Pazos negou a falta de coidados sanitarios aos seus usuarios e cualificou de falsas as fotografías difundidas, asegurando que non existe ningún tipo de maltrato nin abandono.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará