Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxección de A poeta analfabeta no Multiúsos

a poeta

O Multiùsos da Xunqueira acolle este sábado día 21 ás 19:00 horas a proxección do documental “A poeta analfabeta“, dirixido por Sonia Méndez e producida por Cósmica Producións. Unha actividade enmarcada no ciclo Mestre Mateo impulsado pola Academia Galega do Audiovisual que busca achegar á veciñanza o máis destacado do audiovisual galego actual.

“A poeta analfabeta” é unha película documental que retrata a unha muller fascinante: Luz Fandiño. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 90 anos é unha das voces vivas da emigración galega, da que voltou pobre pero cunha fonda consciencia da súa identidade, a súa lingua e o seu xénero. Luz é testemuña viva das realidades máis duras do século XX. Por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre, por ser roja.

O relato documental xira en torno ao seu retrato: a súa historia de vida, a súa loita política e a súa obra poética, pero tamén en torno aquelo do que Luz xera ao seu redor e que conforma o seu legado, porque para moita xente Luz é un referente, case unha icona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará