Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A afección do Choco en vilo ante o partido do Ourense co Llenerense

choco

Os arrastres poderían supoñer o descenso do Club Deportivo Choco, Todo vai depender do resultado do Play off que este sábado se disputa ás dez da noite na cidade deportiva de las Rozas. No caso de que o Ourense gañe aos seus rivais, a Agrupación Deportiva Llenerense de Estremadura os de Redondela manterían a súa praza en Terceira división.

A vitoria dos galegos no partido de mañá sería beneficiosa non so para os ourensans que ascenderían a Segunda, senón tamén para o Choco que confirmaría así a súa permanencia en Terceira División. En caso contrario, de perder o Ourense, os arrastres farían que o Choco descendera a preferente.

Así nolo explicaba dende o club Olaya González

No peor dos casos aínda teñen unha “bala na recámara”· No seu día a Plataforma Pro Liga solicitaron medidas cautelares que poderían evitar estes arrastres. Alegan que a redución a 16 equipos por grupo é contrario ao disposto no regulamento xeral que prevé incluso que os grupos sexan de 21 ou 22 participantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará