Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preocupación en Redondela tras o roubo en varios vehículos estacionados na vía pública

vilavella

Na madrugada de hoxe os ladróns actuaron na zona de estacionamento que se atopa detrás do Convento de Vilavella. Aló menos foron tres os vehículos que apareceron cos cristais rotos. Unha madrugada na que a policía actuou tamén nun accidente de tráfico en Chapela cun vehículo á fuga e nunha alcoholemia.

Os propietarios de aló menos tres vehículos estacionados nas proximidades do Convento leváronse esta mañá unha desagradable sorpresa. Os asaltantes actuaron de madrugada rompendo os cristais e levándose os efectos persoais que atoparon no interior dos vehículos. Fontes da Policía Local confirman que recentemente se produciran feitos semellantes e que os ladróns teñen especial interese nas furgonetas. Malia que os últimos casos tiveron lugar en Vilavella hai constancia do mesmo tipo de roubos no estacionamento do Campo da Feira.

Accidente con fuga

Por outra banda, os axentes da policía local investigan un accidente de tráfico que se producía ás dez da noite de onte na Avenida de Vigo, Un Volkswagen Golf chocaba contra unha furgoneta estacionada na vía pública, dándose posteriormente á fuga. O vehículo foi localizado pouco despois estacionado nas inmediacións, confirmándose que carece de seguro dende o ano 2019 e sen ITV dende o 2017. Está identificado xa o propietario do vehículo e investigado por un presunto delito contra a Seguridade Viaria ao carecer de permiso para conducir. No caso de confirmarse que era o condutor será tamén sancionado por abandonar o lugar do accidente sen facilitar datos.

Por último en nun control realizado a entrada de Redondela, conxuntamente coa Policía Nacional foi proposto para sanción un condutor que conducía cunha taxa de alcohol ao volante superior ao permitido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará