Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela separa ben pero recicla menos do desexado

reciclar

“As persoas que reciclan fano correctamente” así o explica o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez na semana na que se conmemora o Día Mundial da Reciclaxe. Con todo, insiste en que é necesario que cada vez sexan máis os veciños que se sumen a reciclaxe e separen o lixo nos seus domicilios antes de depositalos nos contedores. Unha xornada que se traballa tamén cos máis pequenos con actividades como a ginkana que se vai celebrar este sábado ás 17:00 horas e na que se poden inscribir as persoas interesadas a través da oficina de Turismo no teléfono 986401713.

Os datos que facilita a empresa de recollida apuntan a que neste 2022 mantense a reciclase de plásticos e cartóns mentres que se observa unha tendencia á alza en canto á reciclaxe de vidro “confiamos en superar os datos do ano pasado”.

Malia que as cifras non son malas, insiste Álvarez que é preciso que cada vez sexan máis os fogares que se sumen a reciclaxe. A cara positiva atopámola nos impropios, residuos que son depositados incorrectamente nun contedor, habitualmente por descoñecemento ou por equivocación. Mentres noutras localidades nas que as cifras xerais de reciclaxe son maiores detéctase un elevado número de impropios no caso de Redondela esa separación doméstica adoita estar ben feita “que recicla, recicla ao 100%” asegura o edil quen lembra que hai que separar ben para reciclar mellor, depositando envases de plástico, metálicos e briks, no contedor amarelo; papel e cartón no azul e vidro no verde.

Algo do que son verdadeiros expertos os máis pequenos, protagonistas en gran medida das actividades que se organizan estes días para conmemorar o día da reciclaxe. A primeira das propostas é este mesmo sábado cunha ginkana nas inmediacións do concello entre as 17:00 e as 20:00 horas e na que aínda hai prazas.

Non así para a observación nocturna de Observación do Ceo Nocturno que terá lugar o 3 de xuño no campo de fútbol de Tuimil, no Viso nin para o paseo en kaiak e paddle surf que permitirá coñecer os valores naturais da contorna dende unha óptica diferente e que se celebrará ao día seguinte.

As prazas esgotáronse en cuestión de horas , polo que xa adianta o edil que están valorando a posibilidade de reeditalas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará