Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Simulacro de sirenas en Soutomaior por posible rotura da presa de Eiras

C:DCIM101GOPROGOPR4346.GPR

As alarmas soarán entre as 11:30 e as 12:00 da mañá de hoxe venres

Augas de Galicia realiza hoxe un simulacro de alerta temperá por rotura no encoro de Eiras e risco de inundacións. Tal e como está previsto no novo plan de emerxencias, o sistema de prevención e aviso de evacuación instalado para protexer aos veciños de Soutomaior en caso dunha rotura da presa de Eiras realizará esta proba para comprobar o seu correcto funcionamento.

A proba non superará os 5 minutos de duración e con ela preténdense conseguir dous obxectivos principais; por unha banda garantir a operatividade dos sistemas, e por outra que a poboación das zonas afectadas recoñeza o son da sirena de aviso de evacuación.

O Concello de Soutomaior quere destacar o carácter preventivo da proba e lembra que ningún veciño deberá tomar ningunha medida extraordinaria nin alterar de ningún xeito o seu quefacer diario. “As sirenas fan moito ruído, porque esa é a súa función, pero non queremos que ningún veciño se asuste baixo ningún concepto” explicou o alcalde, Agustín Reguera, lembrando a campaña de información que o Concello está a levar a cabo a través de todas as súas canles de comunicación.

Do mesmo xeito, o alcalde quixo subliñar a importancia que teñen este tipo de exercicios, xa que dan a coñecer á poboación da zona as medidas de autoprotección a aplicar en caso dunha emerxencia destas características ademais de mellorar a coordinación efectiva entre as administracións, a poboación e os servizos de emerxencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará