Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta detecta “carencias” na residencia de maiores de Pazos de Borbén

mi casa

A Consellería de Política Social detectou “carencias” na residencia da terceira idade Mi Casa, situada na parroquia de Amoedo despois de que inspectores autonómicos visitasen devandito centro tras recibir varias queixas por parte de traballadores e familiares de usuarios. Unha inspección que se produce logo das denuncias da Asociación Galega de Familiares e Usuarios de Residencias Vellez Digna quen alertaran das irregularidades que se cometían nesta residencia

Segundo fontes da Consellería, realizouse unha inspección da residencia de maiores ao día seguinte de coñecerse as denuncias, na cal se acharon “certas carencias”. Por iso, na actualidade os responsables do centro teñen un prazo para emendar os problemas, durante o cal a Xunta está a supervisar “moi de preto” a situación para tomar unha decisión ou as seguintes accións a levar a cabo.

Desde Política Social sinalaron que o obxectivo destas inspeccións é “emendar os erros para que o servizo se oferte coa maior calidade posible”.

Denuncias previas

A situación prodúcese despois da Asociación Galega de Familiares e Usuarios de Residencias Vellez Digna denunciase presuntos casos de “malos tratos” e a “elevada taxa de mortalidade” que existe nesta residencia, así como supostas deficiencias no coidado sanitario dos maiores, a hixiene ou a alimentación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará