Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ángel Filgueira: “Partín do persoal para facer una película xeracional”

angelprin

Ángel Filgueira é un director de cine nado en Redondela. Este ano presenta a súa nova longametraxe de ficción “Cando toco un animal”. Unha película intimista sobre as novas sexualidades e formas de relacionarse da xeración “millenial”.

As protagonistas son Mariña (23) e Ada (25), unha parella que atopa novos vínculos afectivos, amorosos e sexuais a través dun amigo de ambas, Tomás (27). A película trata  seis momentos concretos do triángulo amoroso nos que os vínculos da mesma, tremen e se revolven.

A película xorde dunha intención de retratar-las novas formas de relación amorosa dende unha óptica persoal. Aínda que, segundo o director, “cando falas do persoal sempre terminas falando do xeracional”

“Tamén traballei moito co persoal dos actores”, conta Ángel.

O proceso da rodaxe non contou cun guión totalmente preestablecido seno que era máis fluído, construído a partir de escaletas de situacións, moitas conversacións do director cos actores e incluso dos mesmos ensaios. “Eran as persoas coas que máis falaba, non só da película, senón tamén do persoal”.

O proxecto corre a cargo da produtora independente “Sétima” (Anxos Fazáns, Silvia Fuentes). Unha combinación “predestinada” xa que Ángel “tiña unha película e elas estaban fundando unha produtora”. O ambiente de traballo foi moi próximo “o ser unha película pequena todo o mundo estaba moi conectado e remando na mesma dirección. Iso é bonito”.

“Levantar unha película con poucos cartos é complicado”, aclara o director.

Nun inicio a idea era que todo fose moi orgánico “quería gravar un bloque en inverno, outro en verán…”, pero por limitacións no presuposto “tivemos que gravar todo en dúas semanas”. A estas dificultades hai que engadirlle que se rodou en plena pandemia. “En pleno covid, unha película sobre o contacto e todos coas máscaras. Foi complicado.”

“Gravar unha película sobre contacto en pleno covid foi difícil”, conta o director.

Estas circunstancias influíron no resultado final “a película é inda máis íntima do que sería nun principio e iso está ben. Esta guai estar aberto ao que veña e adaptarse”.

En canto ao casting “Lidia Veiga estivo alí dende o principio, dende antes de ter financiación para o proxecto” O director, aínda que tiña unhas directrices marcadas para cada personaxe, estaba moito máis interesado en que os actores “pegaran entre eles”. Case un ano máis tarde incorporaríase Ánxela Ríos. O personaxe que tardou mais en atopar foi o de Tomás. Xa que non era dabondo con que pegasen entre eles, habían de estar cómodos uns cos outros “senón non tería sentido o corazón do filme”. Finalmente, cun par de meses de marxe antes de empeza-la rodaxe, atoparon a Xulio Anllo.

“Tiñan que estar cómodos os tres entre eles”, engade Ángel.

O equipo está a piques de remata-lo proceso de posprodución e planea a estrea nacional e internacional. “xa temos plan de distribución pero aínda non temos nada pechado”. O ser unha película xove e ópera prima “podemos encaixar en festivais independentes. É un filme moi de festivais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará