O outro ocupante do coche de 26 anos resultou ferido grave. O accidente aconteceu arredor das 23:20 horas da noite do sábado. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, o turismo caeu por un terraplén e foi bater contra unha árbore, na estrada que une Pontecaldelas co municipio de Soutomaior.
O vehículo no que viaxaban estas dúas persoas colidiu contra unha árbores e caeu por un noiro na zona de Silvoso.
Tras recibir esta información, dende o 112 Galicia mobilizouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Morrazo e á Garda Civil de Tráfico.
Non foi preciso excarcerar para liberar aos implicados. Un dos ocupantes perdeu a vida logo do accidente, sen que nada se puidera facer por evitar o falecemento. O outro ocupante do turismo foi evacuado ata o hospital Álvaro Cunqueiro polo persoal sanitario en estado grave.









