O club de tiro con arco MeigArco asinou unha destacada actuación no Campionato Galego de Campo celebrado o pasado 30 de maio en A Rúa, ao conquistar catro ouros galegos e unha prata.
Raquel Domínguez proclamouse campioa galega en Arco Instintivo Sénior Feminino, mentres que Mel Sanjorge e José Ángel Casal acadaron o título galego nas categorías de Arco Longbow Sénior Feminino e Masculino, respectivamente. Pola súa banda, Txema Rodríguez conquistou o campionato galego en Arco Composto Sénior Masculino.
Ademais, Óscar Casal logrou o título de subcampion galego en Arco Longbow Sénior Masculino.
O club tamén quixo destacar a participación de Alfonso Veiga, Vio Peitieiros e Alejandro López, que competiron con solvencia nas eliminatorias e quedaron ás portas das medallas.

















