Hoxe é Luns 8 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un aparatoso accidente en Quintela deixa un ferido e un turismo envorcado

quinteloa1

Fotos: Protección Civil Redondela

O suceso producíase na tarde do pasado sábado na N-550 ao seu paso pola parroquia de Quintela. O vehículo, por causas que se descoñecen, saíse da vía e chocaba contra un muro en torno ás 16:15 horas. O seu único ocupante resultou ferido sendo trasladado en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Os servizos de emerxencias, alertadas polo 112 Galicia desprazáronse ao lugar e atopáronse cun vehículo que chocara contra un muro tras saírse da vía. Segundo informan dende Protección Civil de Redondela ao chegar ao lugar o condutor xa fora quen de liberarse por si mesmo, malia que permanecía no interior do turismo, sendo finalmente trasladado ao Hospital para valorar a súa situación.

O coche que circulaba en dirección Porriño impactou tamén contra un farol que resultou danado e presentaba risco de caída polo que foi precisa a intervención de persoal municipal para asegurar este elemento.

Tamén colaboraron no suceso axentes da Policía Local, 061, Garda Civil de tráfico e conservación de estradas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará