A Illa de San Simón acolle este sábado unha homenaxe a Xesús Alonso Montero, quen fora presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017. O actual responsable da institución, Henrique Monteagudo, será un dous intervenientes nesta lembranza do intelectual, catro meses despois do seu pasamento. Un acto este sábado día 13 que rematará cunha ofrenda musical de Amancio Prada.
A Illa de San Simón é o espazo elixido pola Xunta para renderlle homenaxe a Xesús Alonso Montero. Un evento que terá lugar este sábado 13 e que busca recoñecer a contribución do profesor ao ámbito académico e cultural de Galicia.
A xornada contará con presenza de diversas personalidades do mundo da cultura e da educación quen lembraran a vida e obra de Alonso Montero así como a súa influencia e legado.
O acto estará conducido polo secretario xeral da Lingua Valentín García Gómez e contará coas intervencións de Arturo Reguera, ex alumno de Montero, así como do crítico literario e amigo do homenaxeado, Ramón Nicolás Rodríguez. En representación da familia asistirá Sara Alonso Pimentel e participarán tamén diferentes representantes institucionais: Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura galega, Miguel Santalices, presidente do Parlamento Galego e o presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo Romero.
No transcurso da homenaxe descubrirase unha placa conmemorativa e finalizará o acto cunha ofrenda musical a cargo de Amancio Prada.











