Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela instala puntos de recollida de pilas e baterías en comercios e centros públicos

ecopilas

Redondela súmase ao proxecto ‘Pontevedra Recopila’ co obxectivo de incrementar a recollida deste material altamente contaminante. Instalaranse puntos de recollida en comercios do casco urbano e tamén en tendas das parroquias que se queiran sumar a iniciativa. A fundación Ecopila, que o ano pasado reciclou un total de  8.000 toneladas de pilas de todo tipo, encargarase da súa retirada.

No acto de presentación desta iniciativa, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, estivo acompañada polo presidente de Ecopilas, José Pérez; o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez e alumnos e alumnas do CEIP Santa Mariña, ao ser unha campaña que vai ter unha importante presenza nos centros escolares.

O propio edil explicaba cales son os puntos máis salientables da iniciativa “que servirá para fomentar a recollida de pilas en colaboración co comercio local, os colexios e os centros públicos”.

Alberto Álvarez, concelleiro de Medio Ambiente

O presidente de ecopilas, José Pérez, salientou que “cada vez máis cidadáns son conscientes da necesidade reciclar as pilas para evitar danos ambientais e aforrar materias primas. Con todo, non é suficiente cunha cidadanía sensibilizada, se non lles facilitamos e achegamos os medios que lles permitan contribuír a este labor cuxo obxectivo é recoller todo tipo de pilas e baterías, dende as domésticas ata as empregadas no ámbito industrial.

Un proxecto  que permitiu durante o ano pasado recoller máis de oito mil toneladas de pilas, o que supón que todos estas baterías, altamente contaminantes, non acaben na natureza.

José Pérez, presidente Ecopilas

A alcaldesa Digna Rivas subliñou a importancia deste proxecto “que da continuidade ao traballo que este Goberno desenvolve na protección, conservación e mellora do medio ambiente como patrimonio de toda a veciñanza”. Rivas agradeceu especialmente a presenza “destes nenos e nenas que amosan, en todas as iniciativas medioambientais que realizamos dende o Concello, unha implicación e unha responsabilidade moi por enriba da súa idade” así como a colaboración da Fundación Ecopilas.

Digna Rivas, Alcaldesa Redondela

A campaña ‘Pontevedra Recopila’, terá unha duración dun ano e permitirá crear unha rede de puntos de recollida destes residuos en centros públicos, colexios e comercios locais –nos que se instalarán contedores específicos– para facilitar así a súa retirada e reciclaxe, condicionados pola alta dispersión poboacional da rexión.
As pilas recollidas serán, posteriormente, trasladadas a plantas de tratamento autorizadas, permitindo a recuperación dos materiais reutilizables contidos nas pilas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará