Hoxe é Xoves 11 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP anuncia un plan prioritario para as parroquias se recupera o goberno de Redondela en 2027

pp vilar

O portavoz popular, Javier Bas, asegura que a súa principal prioridade, se recupera a alcaldía en 2027, será impulsar investimentos urxentes no rural. Bas acusa ao executivo de Digna Rivas de ter desatendido as parroquias durante os últimos sete anos e, tras reunirse con colectivos de Vilar, comprométese a incorporar ao programa electoral demandas veciñais desta parroquia como o deslinde con Mos, a situación do Miliario Romano e a mellora do campo de fútbol.

Bas vén de anunciar o deseño e execución dun Plan de Acción Prioritaria (PAP) para as parroquias a partires do próximo ano 2027. O concelleiro popular fixo este anuncio tras o encontro mantido coas asociacións de Vilar de Infesta enmarcado na xira de reunións informativas e de traballo que está a manter con todos os colectivos e por todo o territorio.

O popular garantíu que a súa formación acometerá investimentos urxentes nas once parroquias rurais e que este plan vai ser incluído no programa electoral para acometelos na primeira metade do mandato de producirse un cambio de goberno municipal dentro de 346 días. Engadíu que esta especie de plan de choque será complementario coas infraestruturas que precisan os cascos urbanos de Redondela e Chapela.

Bas, que agradeceu a acollida dos representantes de Vilar, a onde acudíu acompañado polo edil Miguel Álvarez, revelou que as necesidades das parroquias son “diferenciadas segundo a súa casuística, pero compartidas en moitas cuestións”, polo que, tras percorrer gran parte do municipio para recoller as súas solicitudes e suxestións, anuncia este Plan de Acción Prioritaria Parroquial como un dos principais compromisos do PP redondelán.

Respecto ao encontro en Vilar, reuniuse cos representantes da Asociación de Veciños, da Asociación Cultural, da Comunidade de Montes e da Comunidade de Usuarios de Augas para abordar diferentes cuestións de interese para a parroquia, como a situación do expediente do deslinde co Concello de Mos na contorna do Miliario Romano, o estado no que se atopa o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), a situación das instalacións deportivas, especialmente en referencia ao campo de fútbol, así como aspectos relacionados coa conectividade e a mobilidade, entre outras cuestións que serán tidas en conta polo PP de cara á elaboración do seu programa.

Durante a xuntanza, os representantes de Vilar tamén manifestaron que entregaran un informe no que recollen as principais necesidades e demandas da parroquia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará