Hoxe é Mércores 10 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres mozos de Redondela lanzan BODEGOL, unha nova aplicación para para organizar porras do Mundial

WhatsApp Image 2026-06-09 at 19.44.37

Luis Prada, Pablo Santos e Sergio Prieto, tres mozos redondeláns, acaban de poñer en marcha BODEGOL, unha nova aplicación web que permite aos afeccionados ao fútbol organizar porras e predicións de forma sinxela, automática e compartida durante o Mundial. A ferramenta xa está dispoñible de forma gratuíta en https://bodegol.app.

Segundo os seus creadores, Bodegol nace co obxectivo de mellorar a experiencia clásica das porras tradicionais, engadindo máis profundidade e emoción sen complicar o uso. “Gústanos o fútbol dende pequenos e quixemos crear unha ferramenta sinxela e divertida que permitise compartir a emoción dos partidos e competir cos amigos e familia”, explica Pablo Santos quen engade que “realmente vale para calquera deporte pero decidimos comezar a impulsada co comezo do Mundial”.

Os tres complementan perfís profesionais que resultaron clave. Luis Prada e Pablo Santos estudaron Enxeñaría Informática na Universidade da Coruña e completaron un máster en Ciberseguridade. Sergio Prieto cursou Socioloxía interesándose despois pola programación, e actualmente traballa como analista de datos. “As nosas tres profesións axúdannos a complementarnos”, sinala.

Desenvolveuse integramente polos tres mozos en pouco máis de tres semanas, aproveitando fins de semana e tempos libres, cun total estimado de arredor de noventa horas de traballo. “Foi un proxecto fóra do horario laboral, por interese propio e con ganas de aprender cousas novas”, engade Santos.

Como funciona BODEGOL

Bodegol é unha aplicación web (funciona como app progresiva) que permite crear porras privadas de forma sinxela, moderna e completamente personalizada. A súa proposta consiste en ligas privadas nas que só participan os amigos, familiares ou compañeiros que o administrador invite a través dun código. Deste xeito, cada grupo pode ter a súa propia competición.

Crear unha liga leva apenas uns segundos. Unha vez dentro, o administrador pode personalizar as regras de puntuación ao gusto do grupo. Os participantes deben realizar os seus pronósticos en varios niveis:

  • Marcador exacto de cada partido (o sistema calcula automaticamente o signo 1X2).
  • Mercados sorpresa por partido, como “ambos equipos marcan” ou “máis/menos de 2,5 goles”.
  • Predicións globais antes do inicio do Mundial: podio (campión, subcampión e terceiro), selección máis goleadora, etc.
  • Pronósticos da fase de grupos: quen se clasifica e en que posición.

A aplicación actualiza a clasificación de forma automática despois de cada partido, ofrecendo unha experiencia en tempo real con estatísticas detalladas. Todo isto sen anuncios e cunha interface moi limpa e intuitiva.


De momento, BODEGOL é completamente gratuíta e sen apostas económicas. Os seus creadores animan a todo o mundo a probala: “Animamos a calquera que se queira rexistrar e a vivir o Mundial deste ano dunha forma diferente, con máis pique e diversión entre amigos”. Está xa accesible desde calquera navegador en https://bodegol.app.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará