Hoxe é Mércores 10 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación financiará con 660.000 euros as obras de renovación de Ernestina Otero

ernestina otero

O deputado provincial Alejandro Lorenzo visitou este mércores Redondela, onde anunciou que a Deputación de Pontevedra se encargará de financiar ao 100% con 660.000 euros as obras de renovación da pavimentación e mellora da accesibilidade na avenida Ernestina Otero e na súa continuación polo paseo da Xunqueira. Lembrou tamén a achega de 420.000 € (o 40% do orzamento da actuación) para o museo Angel Barros.

A Xunta de Goberno do organismo provincial aprobará este venres os recursos para ambas actuacións, enmarcados no Plan +Provincia 2026-2027 que destinará a Redondela preto de 2,2 millóns de euros sumando as catro liñas de 2026 e a liña 1 de 2027, á que este ano se pode acceder anticipadamente. O deputado provincial confirmou que os proxectos foron seleccionados polo goberno local e serán financiados con cargo a recursos do +Provincia que se aprobarán este venres no marco “do máximo respecto á autonomía municipal que abandeiramos desde a Deputación”

Por unha banda, o Concello de Redondela acometerá a mellora na avenida Ernestina Otero e na súa continuación polo paseo da Xunqueira, un proxecto que inclúe a renovación da pavimentación, mellora da accesibilidade, novo mobiliario urbano, iluminación e zonas verdes en todo o trazado, desde o Paseo da Portela ata o Salgueiral. En concreto, ralentizarase o tráfico rodado para corrixir as velocidades excesivas detectadas na zona; nalgúns puntos elevarase a calzada ao nivel das beirarrúas e unificarase o espazo con pedra natural; substituiranse os antigos puntos de luz por novas luminarias led; adaptaranse os alcorques das árbores para protexer o pavimento das raíces e substituiranse as árbores que se atopen en mal estado e, entre outras actuacións, procederase ao recrecido da capa de rodaxe.

Por outra banda, tamén cos fondos do +Provincia da Deputación Redondela acometerá o proxecto para dotar ao concello dunha nova edificación destinada a museo e salas polivalentes, que se instalará na coñecida como antiga vivenda de mestres, na avenida Mendiño. Neste caso, optouse por demoler a edificación previamente existente (paso que xa se levou a cabo) para construír unha nova, como mellor solución técnica e económica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará