Hoxe é Xoves 11 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo de inscrición para o Mundialito da Xunqueira

mundialito

A cita deportiva que cada verán atrae a centos de persoas á pista da Xunqueira celebrarase do 29 de xuño ao 24 de xullo. Os equipos que queiran participar deben inscribirse antes do 23 de xuño.

A Concellería de Deportes e o Club Redondela FS organizan un ano máis o Mundialito da Xunqueira. A data límite para inscribirse nesta XLVII edición é o 23 de xuño. Os equipos interesados deben facelo escaneando o código QR do cartel oficial ou a través da ligazón dispoñible na descrición das redes sociais do club. Os equipos deberán estar constituídos por un mínimo de 5 xogadores e un máximo de 15.

En cada categoría os prezos e número de participantes é variable. Así en Categoría Sénior participarán un máximo de 24 equipos que deberán pagar 100€ por equipo máis 20€ adicionais por xogador para Seguro Médico Obrigatorio. Na categoría Cadete o límite será de 20 equipos e tan só pagarán 20€ por xogador.

Haberá premios para os tres primeiros clasificados, con trofeos na categoría cadete e premios en metálico para o primeiro e segundo clasificado na categoría senior, que recibirán 500 euros e 300 euros respectivamente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará