Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Pazos de Borbén demanda no parlamento a reposición do servizo de pediatría no Centro de Saúde

pediatra pazos

Os recortes en persoal no centro de saúde de Pazos de Borbén fixeron que desde hai dous anos non haxa pediatra. Un centro que ten adscritas unhas 1.600 cartillas de adultos e 150 de pediatría e que conta con case 3.000 habitantes “moitos dos cales víronse obrigados a mudar o seu médico de familia a outros centros da área por non contar cunha atención axeitada”.

“O feito de que haxa veciños que opten por inscribirse a quilómetros de distancia da súa residencia e cunha pésima comunicación en transporte público, en concellos como Redondela ou Ponteareas, evidencia o pésimo nivel da calidade da atención en Pazos” asegura o responsábel local Xurxo P. Besadío. Explica a formación nacionalistas que “coa escusa da COVID eliminaron o servizo de pediatría obrigando aos pais a trasladar as cartillas dos seus fillos a Redondela, Chapela ou Ponteareas, para que os seus fillos teñan un bo servizo”.

A organización nacionalista salienta que levan con deficiencias moitos anos no servizo de saúde pero “ é intolerable que por vivir nunha zona rural non teñamos uns servizos dignos básicos, como é o sanitario”. Agardan dende o BNG que esta iniciativa levada ao parlamento galego serva para que o Partido Popular adquira o compromiso de implantar de novo e de xeito urxente o pediatra en Pazos de Borbén.

Remata na súa nota o responsábel local adquirindo o compromiso de “estar sempre demandando as necesidades dos veciños e veciñas de Pazos de Borbén, que o alcalde Andrés Iglesias parece ter esquecido, sen tomar ningunha carta no asunto”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará