Hoxe é Mércores 18 de Maio de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco recupera o seu Torneo Solidario de Semana Santa

campionato

Esta será a oitava edición na que os produtos recaudados destinaránse a Cáritas

Logo de dous anos sen poder celebrar o Torneo Solidario de Semana Santa, o CD Choco quenta motores para converter este fin de semana nunha festa de fútbol. Un Torneo que terá un cariz solidario, xa que os equipos participantes doarán un kilo de produtos non perecedoiros que serán destinados a entidade de Cáritas de Redondela.

O venres e o sábado son os días elixidos para que máis 500 rapaces gocen do deporte que máis lles gusta. O CD Choco, equipo anfitrión, dará a benvida a equipos como Grupo Casa Paco 81, AD Barroselos, EFB Moañés, Caldas CF, Cristo Victoria SD, Atlético Cuntis, ED Val Miñor, Braga SC, Tyde CF, Sporting Coruñés ou Celta Academy entre outros. Todos eles encadrados nas categorías Prebenxamín, Benxamin, Alevín e Infantil.

O venres ás 10h00 arranca o Torneo da categoría Alevín e Prebenxamín e o sábado os Infantís e os Benxamíns. Levarán trofeo o primeiro, segundo e terceiro posto. Unha xornada festiva na que o importante será disfrutar dun día diferente. O CD Choco porá a disposición de todos aqueles que así o desexen o servicio da cantina onde poderán comer.

O CD Choco está volcado na organización deste evento o cal non sería posible sen ha colaboración de diferentes empresas redondelás .

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará