Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco xógase tres puntos fundamentais en Santa Mariña ante o Rápido de Bouzas

choco

O adestrador do equipo, Juan Amoedo insiste: “Non deixaremos de loitar até conseguir o obxectivo da permanencia”- A cita será esta tarde ás 20.30 horas en Redondela.

O CD Choco enfronta a recta final do Campionato Ligueiro. Faino con opcións para cumprir o obxectivo da permanencia; para iso é fundamental puntuar nos seguintes tres partidos. O mister redondelá non quere catalogar o partido que ten este mércores ás 20.30 horas en Sta. Mariña contra o Rápido de Bouzas como “final senón como un partido moi importante”.

O Rápido de Bouzas, chega a esta xornada con 49 puntos en cuarto lugar en postos de play off que querrá ratificar en Santa Mariña. Pola súa parte o CD Choco faino con 33 puntos, nun posto que dependerá dos arrastres da 2ª Federación.

Os de Amoedo saben que o Bouzas “é un equipo moi difícil de gañar pero para nós é moi importante conseguir os tres puntos e que mellor escenario para facelo que en Santa Mariña diante da nosa afección que nunca deixou de apoiarnos”.

Juan destaca que “as sensacións son boas. Estamos a facer máis puntos nesta segunda volta que na primeira e aínda nos quedan tres partidos por xogar e queremos seguir mantendo isto porque seguimos loitando polo obxectivo”.

Juan Amoedo dispón de todos os efectivos para este partido. E por ter a todos incluso Yago Vázquez, cuxa lesión o mantivo afestado dos terreos de xogo durante toda a tempada, empeza a adestrar co equipo, o cal supón tamén un plus. Un xogador que nunca deixou de sumar pois o seu apoio foi fundamental en tódolos partidos dende a bancada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará