Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Turismo mariñeiro para vivir unha Semana Santa chea de experiencias

bluscus

Bluscus, empresa pioneira do turismo marítimo, ofrece catro rutas con saída dende o Porto de Cesantes. Visitar a Illa de San Simón, acompañar aos mariñeiros e mariscadoras de Amarturmar a capturar o choco, facer a ruta Xacobea por mar ata Pontesampaio ou un percorrido histórico pola enseada, son as catro ofertas ue buscan “ofrecer experiencias e un turismo máis calmado” a visitantes e veciños.

Pablo Mariño, xerentes de Bluscus

As propostas e actividades que organizan dende Bluscus abarcan toda Galicia. Dende a costa da Morte pasando por Cortegada, visitar as Illas Cíes ou coñecer a Ribeira Sacra son algunhas das rutas que ofertan. Unhas rutas que convidan tamén a coñecer a nosa Enseada deixándonos propostas tan interesantes como as saídasáa Illa de San Simón que permitirán coñecer ese espazo acompañados dun guía que dará todo tipo de explicacións e que ofertan dúas saídas ao día nesta Semana Santa a partir do xoves. Pero tamén acompañados dos mariñeiros da confraría de Cesantes teremos a oportunidade de coñecer como se captura o choco. Outra das propostas é unha ruta histórica que, por encargo, permite percorrer a enseada durante dúas horas coñecendo os segredos, lendas e patrimonio que agocha.

Unha das novidades deste ano que puxeron ne marcha dende Bluscus é a ruta Xacobea que permite subirse no Porto de Cesantes e chegar ata Pontesampaio, coñecendo así o Camiño dende o mar e dun xeito diferentes.

As persoas que queiran reservar ou solicitar máis información sobre calquera dos destinos e experiencias que oferta esta empresa poden poñerse en contacto con eles a través da súa paxina web no enderezo https://bluscus.es/ ou no teléfono 657 63 59 99.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará