Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O 8M reivindica o feminismo e mira cara Ucraína: “As mulleres e os nenos son os máis afectados pola guerra”

8m concello

O Concello de Redondela celebraba na mañá de hoxe no Multiúsos da Xunqueira o acto institucional polo día da Muller. Un acto reivindicativo neste 8 de mazo no que foron mulleres de diferentes ámbitos as que lle puxeron voz ao manifesto municipal, todas elas participantes do programa As Mulleres Contan, perocorrendo o camiño da Radio Municipal. A alcaldesa Digna Rivas salientaba a necesidade de “reivindicar a muller todos os días do ano” e convidaba á veciñanza a achegarse ás propostas que se organizan dende Igualdade como a exposición Conquistadoras que permanecerá na Alameda durante todo este mes de Marzo.

Digna Rivas, alcaldesa

Pilar Martínez, Lorena Rodríguez e Rita Sobral poñían voz ao manifesto institucional no que se reivindicaba a necesidade de que as administracións sigan comprometidas co feminismo, poñendo tamén o acento na repercusión que os conflitos armados teñen sobre as mulleres e as crianzas.

Piler Martínez

Rita Sobral salientaba o carácter reivindicativo que ten que ter esta data malia que a loita ten que ser os 365 días do ano. Lembraba tamén a lacra da violencia machista que no pasado ano deixaba 44 mulleres asasinadas.

Rita Sobral

Concluía a lectura Lorena Rodríguez cun texto no que o Concello se compromete a seguir realizando accións de sensiblización e concienciación colectiva para o fomento de actitudes de igualdade.

Lorena Rodríguez

A programación organizada dende a Concellería de Igualdade continúa mañá mércores coa inauguración ás 18:00 horas do mural Praceiras Pioneiras que xa se pode ver na Alameda Rosalía de Castro en Chapela. A programación continuará o venres co contacontos “Tanto conta, conta tanto” na Biblioteca de Chapela a cargo da narradora oral Ana Fachini. Unha actividade na que  compre inscrición previa na propia biblioteca ou no teléfono 986 454226 e que se desenvolverá o vindeiro día 11 ás 18:30 horas.

Tamén esta semana terán lugar as II Xornadas de Muller e Igualdade Genma Pereira Otero. O venres en horario de 19:00 a 21:00 horas na Casa da Cultura impartirase o obradoiro “10 claves para emprender. Liderado feminino e autoxestión” e o sábado no Multiúsos en horario de 10:00 a 14:30 desenvolverase a xornada “os medios de comunicacións como axentes do cambio fronte a violencia machista”.

As xornadas chegarán ao seu remate co monólogo “Ellas bailan solas. Ás 20:00 horas tamén no multiúsos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará