Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Pazos organiza unha charla para informar das fraudes bancarias a través de internet

fraudes internet

O salón de plenos do Concello de Pazos acolle este mércores día 9 ás 19:30 horas unha charla aberta a veciñanza na que se abordarán os preocupantes fraudes a trave´s do móbil que proliferan nos últimos tempos. A charla estará impartida por representantes da Policía Xudicial e participará tamén un representante de Abanca.

Entre outros temas falarase especificamente das operación realizadas con banca electrónica e dos riscos da internet relacionados con este tipo de xestións así como das fraudes e timos máis habituais.

Un tipo de fraude cada vez máis habituación e que pode realizarse de diferentes xeitos. A través dunha mensaxe ao SMS alertando de que na nosa conta bancaria hai movementos inusuais e solicitando que cliquemos nun enlace, unha chamada que se identifica como persoal da nosa entidade bancaria e que nos solicita algún tipo de contrasinal, un correo pedindo información que nos chega dende algún organismo aparentemente oficial. Como dicimos, diferentes casuísticas que buscan o mesmo resultado: entrar na nosa conta e facerse cos nosos cartos. Un tipo de estafa coñecida como phishing bancaria da que se falará este mércores en Pazos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará