Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Pazos trasladan as súas protestas ás portas do Concello para esixir a mellora da EP-2702

pazos

“Por unha estrada segura”, “Menos escusas e máis solucións”, “Hai proxecto, hai orzamento, o que non hai é vontade”… lemas como estes puidéronse ler nas pancartas que os veciños de Pazos de Borbén levaron onte ás portas do Concello para esixir o arranxo do vial que comunica Amoedo co Alto dos Valos. Unha nova protesta convocada pola plataforma pola mellora da EP-2702 que anuncia novas mobilizacións ante a falta de colaboración por parte do goberno local.

Medio cento de veciños concentrábanse ás portas do Concello de Pazos para reclamar que a administración local xestione a cesión dos terreos necesarios para que a deputación de Pontevedra poida poñer en marcha o proxecto de mellora.

Unhas xestións que aseguran “non se están a realizar xa que varias persoas que terían terreos afectados non recibiron comunicado algún ao respecto por parte do concello”.

Temen ademais que a Deputación inicie as obras e que, ao non dispoñer dos terreos para a ampliación finalmente só acometan o asfaltado da vía, o que sería tan só un parche e non a mellora que os veciños entenden imprescindible para garantir a seguridade dos peóns e os condutores que circulan por unha vía que insisten “é moi transitada e presenta un elevado tráfico pesado”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará