Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mobilización polo impago dos salarios ao persoal de seguridade do CAPD de Chapela

capd-chapela

A federación de Servizos da CIG convoca unha mobilización para reclamar o pago dos salarios do persoal de seguridade do Centro de Atención de Persoas con Discapacidade (CAPD) de Chapela. A empresa adxudicataria do servizo neste centro da Xunta, Mersant Vigilancia, aínda non lle abonou as nóminas de decembro de 2021 nin de xaneiro de 2022. A protesta terá lugar diante das instalacións do centro, no Camiño do Gaio, mañá martes, día 8, de 10:30 a 12:00 horas.

Dende a central sindical denuncian a situación “totalmente inasumíble” na que se atopan os traballadores, que permanecen sen cobrar “a pesar de seguen a cumprir cos seus deberes e obrigas laborais”. Denuncian que a Consellería de Política Social, a Inspección de Traballo e a propia Xunta “miran cara a outro lado” a pesar das reclamacións da CIG “para que se rescinda o contrato coa empresa polo incumprimento das condicións do concurso”. Desde a central sindical advirten que “canto máis tempo pase e máis débeda se acumule máis complicado vai ser atopar unha compañía que queira facerse cargo do servizo, xa que tería que asumir os salarios pendentes”.

Estas irregularidades e incumprimentos están a darse “en todas as instalacións dependentes de Política Social” segundo denuncia a CIG. Ademais do CAMPD de Chapela, os centros afectados na provincia de Pontevedra son tamén a residencia xuvenil Altamar, o centro de menores Avelino Montero e CRAPD de Vigo I e II.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará