Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SD Pazos, con paso firme cara o ascenso

Pazos21-22

As cousas non poden ir mellor para o equipo de Preferente que adestra Fran Amoedo, con pleno de vitorias nas 13 xornadas disputadas. Lideran en solitario a clasificación, a dous puntos de distancia do Redondela Maramar, o único equipo que os segue de preto. O resto de rivais están xa a 13 puntos ou máis. E iso que o Pazos conta con dúas xornadas aprazadas (unha polas baixas por Covid e outra por problemas na pista). O técnico confirma que a liga está a ir “sobre rodas” recén comezada a segunda volta cunha goleada sobre o Verín Cigarrón (7-1). Con todo, advirte que non poden “confiarse” xa que queda aínda moita liga por diante para acadar o obxectivo do ascenso.

Fran Amoedo, adestrador do S.D.Pazos

O equipo partía xa como favorito en todas as quinielas logo de consguir manter o corpo técnico e o bloque de xogadores de Terceira logo do descenso administrativo. Un “privilexio” para o club, segundo explica Amoedo, que conta cun vestiario de moita calidade e ao que se suma unha afección “á que non se lle pode pedir máis”.

A calidade do equipo e o apoio da afección son un privilexio para o club

A próxima cita será o derbi comarcal en Chapela ante o Arealonga. O equipo redondelán está nunha situación moi diferente á do Pazos, 13º na táboa con 11 puntos. Para Amoedo a situación do Arealonga “non se corresponde coa calidade do equipo”, e augura que o equipo salvará a categoría “sen problemas”. Precisamente o partido ante os de Chapela da primeira volta foi o que tiveron que suspender en Pazos pola condensación da pista.

Na próxima xornada a cita será co derbi Arealonga-Pazos

A cita do Redondela Maramar para esta fin de semana será na pista do Coperfi Cereixa Gondomar. Ademais na Preferente, polo atraso no inicio da competición, os equipos teñen aínda pendente de xogar a 3ª xornada de liga. Está previsto que o fagan o 26 de febreiro. O Pazos xogará na casa do Balona Linense, o Redondela na do Coles e o Arealonga recibirá ao Abetos Gondomar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará