Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xavier Balsas retoma o cargo de responsable local do BNG co desafío de volver gobernar en Redondela

Foto consello

O BNG vén de elixir o seu consello local composto por catro mulleres e catro homes entre os que atopamos a Xabier Balsas, quen regresa ao fronte da formación como responsable local, substituíndo no cargo a Anxo Lusquiños. Dáse a circunstancia de que Balsas xa exercera esta función dende o 2012 ata o 2016.

A XVII Asemblea Nacional do BNG rematou no proceso de elección dos órganos de dirección municipal, como no caso de Redondela, do seu Consello Local. Xavier Balsas contou co apoio unánime da Asemblea Local para desenvolver o papel de responsábel local. Mestre de ensino secundario, leva xa varios anos vinculado ao BNG en Redondela. Traballou en diversas frontes como o movemento asociativo, organizativo, e cultural.

Salienta o responsábel que “deste Consello Local, forma parte xente nova mais que xa asume responsabilidades de relevancia, como o caso de Jéssica García que, ademais de concelleira en Redondela forma parte da Executiva Comarcal de Vigo, e do máximo órgano de dirección interasembleario nacionalista, o Consello Nacional”. Tamén pon en valor a figura de Iria Custodio, que exerce á vez de responsábel comarcal, da organización xuvenil Galiza Nova.

Xunto a elas, o voceiro municipal, Xoán Carlos González, Cecilia Pérez, unha das referentes nacionalistas en Redondela, ademais de María Xosé García, vinculada ao sindicalismo. Finalmente, Xosé Rodríguez e Agustín González completan o grupo.

“Xente cun grande compromiso nacionalista, que vén traballando nos últimos anos, de xeito coordinado nun proxecto, o noso, transformador da sociedade”, apunta Xavier Balsas.

Entre os retos destes anos, destaca o medre organizativo como o de maior relevancia. “Entendemos a política como unha acción dende a base da sociedade, para chegar a máis veciños e veciñas, integrándoos no noso Proxecto”, salienta. “Prestaremos especial atención ás dinámicas sociais e aos problemas que afectan a Redondela, enmarcándoos nun contexto xeral, de País”, salienta.

Outro dos retos que se vén de marcar este novo Consello Local do BNG reside en “elaborar, en diálogo coa veciñanza e diferentes asociacións e colectivos, un Programa de goberno e unha candidatura, que asuma o desafío de volver gobernar en Redondela”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará