Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anxo Lusquiños Lopez elixido novo responsable local do BNG en Redondela

RR_Noticias

Veciño da parroquia do Viso, militante dende ó ano 2010 e número 3 da lista nacionalista nas pasadas eleccións municipais, Lusquiños substitúe no cargo a Xabier Balsas. O novo responsable local márcase como obxectivo “dar un pulo a organización local e achegar a máis persoas a participar da actividade política local dende o dialogo e a ilusión”.

Neste sentido, amosa a disposición da organización local do bloque “a recibir propostas, suxestións, denuncias e todo aquilo que dende os distintos colectivos e da veciñanza en xeral nos queiran facer chegar”.
Lusquiños fai un chamamento a que “o conxunto da cidadanía se achegue a nosa formación nesta nova andaina que comezamos para formar parte deste proxecto de país que representa o BNG,  un proxecto nacionalista, un proxecto amplo ao servizo do pais e da súa xente”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará