Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lourido revive os seus montes con carballos e castiñeiros

montelourido

A Comunidade de Montes de Lourido arrancou o ano 2022 cunha nova acción de repoboamento que busca recuperar os terreos devastados polos lumes hai tres anos. Unha acción medioambiental que busca tamén a participación veciñal e que ten previsto plantar máis de 250 castiñeiros e 1800 carballos.

A iniciativa parte da Xunta directiva da Comunidade de Montes Chan do Coello de Lourido e os propios veciños deste barrio de Soutomaior quen se encargaron de “recoller as landras e sementalas ata conseguir os centos de plantas que agora están a trasladarse ao monte”. Un traballo arduo no que non sobra ningunha man e que tan só se paralizou por mor do coronavirus aínda que este ano xa volveron a traballar sobre o terreo cunha plantación na pasada fin de semana.

Suso Fernández, secretario da Comunidade de Montes

Antes da plantación realizouse unha labor de limpeza do terreo retirando os eucaliptos “que xa estaban a medrar logo dos lumes”. Consciente do seu valor económico manteñen tres hectáreas como eucaliptal “a máis afastada do núcleo do barrio” pero tentan que as 45 hectáreas de monte se convertan “nun mosaico onde medren especies autóctonas como o carballo ou mesmo o castiñeiro”, plantas estas últimas micorrizadas que servirán tamén no futuro para que a zona sexa produtora de cogumelos.

Nas vindeiras semanas farán novas plantacións. Todo dependerá do tempo e da situación sanitaria pero xa teñen o terreo preparado para plantar uns 250 castiñeiros e uns 1800 carballos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará