Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro en Redondela con A parábola do angazo de Talía Teatro e a proposta infantil Cartoóns

parábola

Os espectáculos en sala resisten e esta fin de semana temos dúas propostas en Redondela. A primeira será o sábado ás 20:00 horas con Talía Teatro e xa o domingo ás 18:00 horas e orientada a público infantil subirase ao escenario o elenco de Excéntricas Producións para presentarnos Cartoons. As dúas representacións serán no Multiúsos da Xunqueira e as entradas teñen un prezo de 3 euros.

A parábola do angazo completa a triloxía que Talía Teatro arrancara xa no 2003 con Bicos con lingua e continuara no 2011 con Pelos na lingua. Unhas propostas teatrais nas que se denuncia a situación do galego coa perda continua de falantes, pero sempre dende o sentido do humor e tentando “sacar un sorriso no espectador ao tempo que facer unha reflexión sobre a realidade do idioma”.

Baixo a dirección de Diego Rey súbense ao escenario Toño Casais e Artur Trillo para “botar unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do noso presente e mesmo mirar de esguello ao que haberá no futuro, pero sempre, rindo a eito.

Artur Trillo fálanos da obra

O domingo a quenda será para os máis pequenos cunha nova proposta enmarcada no ciclo de teatro infantil do Concello de Redondela. Excéntrica teatrais presenta “Cartoóns”, obra teatral creada e interpretada por Josito Porto y Víctor Mosqueira

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará