Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria épica do CD Choco con remontada ante o Polvorín

CHOCOPOLVORIN

Terceira División

Choco 2-1 Polvorín

O CD Choco comeza o ano cunha importante vitoria e ante o Polvorín FC, que chegaba a Santa Mariña como líder. Partido complicado o que tiñan por diante os de Juan Amoedo. O cadro choqueiro saiu moi metido no partido e pronto advertiron de que non deixarían escapar os tres puntos da xornada. O CD Choco colleu a batuta do partido, aferrándose a posesión do balón, e pronto comezou a crear perigo na portería defendida por Julen. De feito, Álex Pérez intentaría sorprender cun tiro lonxe ante o adiantamento do cancerbeiro lucense mais sen resultado positivo paro os seus intereses. A medida que pasaba o tempo o CD Choco baixou un pouco o ritmo do partido, aspecto que favoreceu ao equipo rival que ocasionaron as chegadas máis claras á portería de Cortegoso. Pero a primeira metade remataría con 0 a 0 no marcador.

No segundo tempo, ao pouco de iniciarse o xogo, o árbitro principal resíntese dunha perna e logo de ser atendido polos servicios médicos de ámbolos dous equipos reanúdase o partido. No minuto 69 de novo o colexiado para o partido pola súa propia lesión, e finalmente sería sustiuido por un compañeiro. Outro longo tempo de espera que os xogadores de ambos bloques intentaban solventar con exercicios de quecemento. No 72’ chegaría o primeiro tanto do encontro. Un gol de Leandro adiantaría ao equipo lucense poñendo en apuros ao equipo choqueiro. A igualada a tería Comis no minuto 86 dende o punto de penalti que finalmente tira alto. Resistíase a vitoria para os de Amoedo pero Maceira reaparecería para dar solución nun minuto remontando o partido con dous goles.

Finalmente o CD Choco suma os tres primeiros puntos do ano. A nota negativa poría Kopa e Suárez que tiveron que retirarse a vestiarios antes de tempo por lesión.

Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Alberto Suárez, Comis, Félix, Álex Pérez, Álex Figueroa, Hugo S., Berni, Kopa, Capelo y Monroy. Tamén xogaron Jorge Maceira, Chisco.

Polvorín FC: Julen (p), Expo, Luis, Jesús, Fidalgo, Rojo, Xurde, Pablo, Ramos, Castrín y Leandro. Tamén xogaron Gabarre, Damián, Torrado, Brais Vázquez.

Goles: 0-1 Leandro (72’), 1-1 Maceira (89’), 1-2 Maceira (90)

Na próxima fin de semana o Choco ten xornada de descanso.

Primeira Galicia

Zacande 2-2 Arcade. O Arcade, no 6º posto da táboa logo do empate, visitará na próxima xornada o campo dun dos últimos clasificados, o Marcón.

Segunda Galicia

Ribera-Atl Vilar, aprazado. Na próxima xornada os de Vilar, pechacancelas do grupo, recibe ao Tebra, que os adianta nun punto.

Cesantes 4-6 Vilaboa. A derrota deixa ao Cesantes como último na táboa. Na próxima fin de semana disputan o derbi comarcal no campo do Soutomaior.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará