Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pleno de vitorias na Preferente de fútbol sala

RedondelaFS

Terceira División

Lugo Sala 7-1 Campito

Difícil partido para os de Chapela, que visitaban terras lucenses para medirse ao líder. Os de Santi Domínguez acabaron goleados. O sábado volven xogar fóra, visitan a pista do Praias de Barreiro, cos anfitrións situados na metade baixa da táboa.

Preferente Sur

Redondela Maramar 5-0 Balona Linense

O conxunto redondelán mantense no máis alto da táboa despois de golear ao Balona Linense. Adianta nun punto ao segundo clasificado, o Pazos, que ten dous partidos menos disputados. A próxima fin de semana xogan na pista do Cesures.

Club Cios Vigo 4-12 Arealonga

Partido serio dos de Chapela, que se impoñían con claridade ao Cios Vigo. Malia adiantarse o equipo vigués co 1-0 no marcador, o Arealonga empatou pouco despois e xa no descanso o marcador reflectía un claro 1-6 a favor dos redondeláns. Na segunda parte os de Chapela seguiron demostrando a súa superioridade ata o 4-12 definitivo. Na próxima xornada mídense a outro equipo vigués, o Valadares.

Teis FutSal 2-6 Sociedade Deportiva Pazos

Os de Fran Amoedo seguen a contar todos os seus encontros por vitorias. Na próxima xornada visita a pista do Baíña, 3º do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará