Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER critica a “incoherencia” do goberno local por non executar o convenio do GES

ges

A Agrupación de Electores denuncia a incoherencia do goberno redondelán que finalmente non executou o convenio do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Redondela-Mos, asinado en abril de 2021. AER lembra que este convenio (no que participaban a Xunta de Galicia, a FEGAMP e a Deputación) saiu adiante nun Pleno Extraordinario co apoio do PSOE e do PP e que contou cos votos en contra da Agrupación que, aínda nese momento formaba parte do goberno, por entender que era lesivo e que ía en contra dos intereses do municipio.

AER quere pór de manifesto que xa vaticinaba este “fiasco” xa que o Concello non ía poder asumir con medios propios os gastos de material e persoal que requiría  o convenio. A realidade é que a 31 de decembro de 2021 (data na que expiraba), e segundo se recolle nun escrito da Intervención do Concello de Redondela “non había gastos imputables a este convenio” polo que, en realidade, non se chegou a executar. Isto dá a razón a Agrupación de Electores que entende que “Redondela asinou un convenio que interesaba politicamente no seu momento para finalmente non facer nada”.

En abril de 2021, AER argumentou que “debían de ser a Xunta e a Deputación de Pontevedra -ao ser competentes en servizos de carácter supramunicipal- os  responsables da organización, xestión e contratación do persoal e material necesarios para o correcto desenvolvemento do servizo emerxencias”. Entendía, ademais, que  “obligaba ao Concello a contar cos seus propios medios para atender incluso a outros muncipios, sen que o resto de entidades firmantes asumiran ningún custo”. De feito, naquel momento, había enriba da mesa informes técnicos e xurídicos “claros e demoledores” que desaconsellaban a sinatura do mesmo.

A proposta de AER para facer fronte as emerxencias do municipio segue a ser a mesma: “ten que mellorarse un servizo xa existente en Redondela: o Servizo de Emerxencias Incendios e Seguridade (SEIS)”. A Agrupación plantexa que se reforce con máis persoal -actualmente conta con tres membros e propón que se contraten tres máis-, novos vehículos (como un todoterreno para acceder a zonas forestais) e equipamento actualizado. Ademais, propón que se suscriba un convenio “de verdade” co Concello de Vigo para que o Parque de Bomberos de Teis, moi próximo a Chapela e o casco urbán de Redondela e  un cos mellores medios da comarca, poida atender as  emerxencias de gran calado do municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará