Hoxe é Luns 4 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello inicia as obras de ensanche do Camiño do Albarrén en Cedeira cun investimento de 122.000 euros

albarrén

O Concello de Redondela iniciará hoxe as obras de mellora e ensanche do Camiño do Albarrén, na parroquia de Cedeira, actuación que se desenvolverá no treito comprendido entre o camiño de Fortóns e a liña 810 de ADIF. As obras, adxudicadas a Construcciones Caldevergazo, S.L., contan cun investimento de 121.968,00 euros (IVE incluído) e con cargo ao Remanente de Tesourería.

Co obxecto de minorar as afeccións a parcelas privadas, a obra contempla a execución de muros de contención cunha altura máxima de dous metros sobre cota de cimentación e situados a 4 metros do eixo actual da vía. Os traballos permitirán que o camiño pase a contar cunha plataforma de 5,50 metros de anchura media.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, quixo agradecer a colaboración veciñal xa que, para anchear á vía, foi preciso contar coa cesión realizada por un total de 11 veciños e veciñas. Sen a súa boa disposición, afirmou a rexedora local, “tería sido moi complicado acometer unha obra que beneficia ao conxunto da cidadanía”.

O ensanche do camiño do Albarrén é unha obra longamente demandada pola veciñanza dado que é unha vía de comunicación que cada día conta con máis tráfico, tanto rodado como peonil. A obra, unha vez finalizada, “supoñerá unha mellora substancial tanto á hora de facilitar a mobilidade de veciñas e veciños como de incrementar o seu nivel de seguridade”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

Rivas lembrou que esta actuación inclúese dentro dun proxecto global de mellora das vías de comunicación no rural. “As parroquias –afirma a alcaldesa redondelá– foron durante moito tempo as grandes esquecidas e unhas vías de comunicación axeitadas e seguras, son imprescindibles para conseguir o desenvolvemento harmónico de todo o municipio”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará