Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cen autónomos e Pemes reciben axudas do Concello para paliar os efectos da pandemia

redondela rúa

Locais de hostalaría e comercios, perruquerías, axencias de seguros, floristerías ou papelerías atópanse entre os autónomos que se beneficiarán destas axudas que ascenden a 851,77 euros. Unhas subvencións dotadas con 85.200 euros procedentes da terceira liña de axudas para persoas autónomas e pequenas empresas afectadas pola pandemia aberta polo concello, coa axuda da Deputación para paliar os efectos producidos pola Covid-19 no tecido comercial e empresarial.

En total presentáronse a estas axudas que remataban o pasado 15 de decembro, un total de 125 solicitudes, quedando excluídas 25 por diferentes cuestións relacionadas co procedemento, principalmente por tratarse de autónomos, microempresas ou pequenas empresas cuxo domicilio fiscal ou local comercial no se atopaba no termo municipal de Redondela durante este ano.

O resto de solicitudes si foron aprobadas e supoñen a achega de 851 euros a cada un dos solicitantes que reclamaban esta axuda para financiar gastos de alugamento, cota de persoas traballadores, electricidade ou seguros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará