Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Exposición fotográfica do Obradoiro de Estudos locais Fernando Monroy

expo

O Multiúsos da Xunqueira acolle ata o vindeiro 28 de febreiro a exposición fotográfica do Concurso organizado polo Obradoiro de Estudos locais Fernando Monroy de Cesantes. Unha mostra na que se poden ver máis dun cento de traballos dos participantes na XVI edición dun certame de fotografías no que participan tanto nenos como adultos.

A mostra pasou xa polo centro cultural de Cesantes lugar no que a mediados do pasado mes de decembro tivo lugar a entrega de premios nos que se recoñeceu a imaxe de Manoel Souto grazas a unha fotografía de natureza en branco e negro no que se recolle unha vaca no monte. Un certame que conta cunha ampla listaxe de galardóns que se completou na categoría de adultos coa imaxe Texturas de Susana Ricón Soliño, Jesús Carrera Álvarez con Cuando llueve y hace sol e Tirso Fermoselle Martín con Posando para mí.

No referente á categoría xuvenil, gañou Aroa González Mosquera con Detalliños, mentres que na segunda praza rematou María Auria Nieto coa fotografía Vilanova de Cerveira.

Imaxes que forman parte da exposición que se pode ver estes días no Multiúsos e que recolle todas as fotos presentadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará