Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Grupo Casa Paco, campión en solidariedade

CasaPAcoREcollida

A pandemia da Covid impediu ao Grupo Casa Paco 81 festexar como merece o seu 40º aniversario. Moitas das actividades previstas polo club tiveron que pospoñerse por mor da situación sanitaria, pero a súa tradicional campaña solidaria de Nadal si puido celebrarse, e ademais cun gran éxito de participación. A directiva puxo en marcha a recollida solidaria de alimentos, coa que colaborou ada veciñanza doando produtos non perecedoiros que se recolleron tanto no pavillón de Reboreda, onde adestran os seus equipos, como no Multiusos da Xunqueira. Tamén o Celta de Vigo colaborou nesta campaña de recollida cunha doazón co gallo do encontro entre veteranos do club vigués e de ex xogadores do Casa Paco que se celebrou en Santa Mariña. O presidente da entidade, Manuel Conde, amosouse moi agradecido coa solidariedade da veciñanza, cun total de 1.200 quilos de alimentos recollidos. Os produtos foron entregados a Cáritas-Redondela. Esta organización será a encargada de distribuir os alimentos entre as familias do municipio que o necesiten.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará