Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito comeza a segunda volta ante o líder

Campito

O equipo que adestra Santi Domínguez comezou o ano con algunhas baixas por Covid, o que obrigou a suspender o partido da pasada fin de semana ante o Sport Sala. O técnico explica que no club están “moi concienciados” coa prevención e o primeiro obxectivo é velar pola saúde dos xogadores e as familias. Por iso antes dos adestramentos, á volta do descanso de Nadal, fixeron test de antíxenos a todo o equipo, co que puideron detectar dous positivos. “Isto permitiu illar eses casos e frear os contaxios”, explica Domínguez, quen agradece a labor da directiva do club “xa que non foi doado poder mercar as probas nun momento de escaseza pola sexta onda”

Santi Domínguez, adestrador do Campito FS

Mentres agardan a incorporación dos xogadores illados, o equipo segue a traballar. Os resultados da primeira volta deixan ao equipo nos postos baixos da táboa, pero o técnico amósase contento co rendemento dos xogadores “que son moi novos e sen experiencia na categoría”. Afirma que “malia que os resultados no acompañan” o xogo do equipo “mellorou moito” e salienta a incorporación de xogadores do xuvenil.

O técnico amósase moi contento co traballo do equipo malia que os resultados de momento “non acompañan”


Esta fin de semana comezan a segunda volta co obxectivo de mellorar a situación na táboa e manter a categoría. Comezan a competición ante un rival moi difícil, o Lugo Sala, líder da categoría. Con todo, Domínguez lembra que na primeira volta o equipo fixo un bo partido en terras lucenses aínda que acabaron perdendo, e confía en facer un bo partido na Bomboneira para sumar unha vitoria.

Esta fin de semana reciben na Bomboneira ao Lugo Sala, líder da categoría

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará