Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER aplaude que comecen as obras na contorna do Pazo Torres Agrelo cun investimento de 500.000 euros

torresagrelo

A Agrupación de Electores de Redondela amosa a súa satisfacción porque neste mes de xaneiro arranque o procedemento para acometer as obras de saneamento, abastecemento e pavimentación da contorna do pazo de Torres Agrelo, unha actuación na que AER traballou durante o seu paso polo goberno local. A agrupación, mentres estivo ao fronte da concellería de Medio Ambiente, levou a cabo as modificacións necesarias para que a obra se puidese acometer xa que nese intre Patrimonio emitirá un informe desfavorable a súa execución. O proxecto inicial era, polo tanto, incompatible coa norma autonómica, polo que AER decidiu dar resposta ás necesidades da veciñanza e eliminar o trazado na rede de saneamento no interior do pazo para poder así obter luz verde por parte da Xunta e executar as obras. Finalmente, Patrimonio resolveu favorablemente e, este verán, ademais, ADIF, o único organismo pendente de resolución, deu tamén o visto bo á devandita actuación. Segundo a agrupación, as obras contrataranse neste mes de xaneiro cun orzamento de preto de 500.000 euros.

Roberto Villar, concelleiro de AER, amosa a súa satisfacción porque “logo de tantos anos de darlle voltas a este proxecto, se poida executar. Era unha obra que moitos daban por pedida pero grazas ao cambio que fixemos, aí está”. Por outra banda, Villar tamén salienta que “chama a atención que a alcaldesa, Digna Rivas, non está falando de obras de saneamento, obras que neste momento se están a executar, en Chapela e Trasmañó, e choca bastante este silencio que coincide co tema das acometidas que agora todos os usuarios teñen que pagar o enganche e as obras xa non son tan populares”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará