Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela Maramar leva o derbi e ponse líder

RedondelaVerin

Fútbol Sala Preferente Sur

Arealonga C.Castro 2-6 Redondela Maramar

O Redondela levou o derbi local da Preferente Sur, o que os sitúa como líderes da Preferente Sur cun punto máis que o Pazos, segundo clasificado pero con dous partidos menos. Malia o abultado do resultado en Chapela, todos os goles se anotaron na segunda parte. O partido chegou ao descanso sen que o marcador se movese do 0-0 incial. Por parte do Arealonga os anotadores foron Alfonso Santos e Alberto, mentres que no Redondela FS os goleadores foron Mario (2), Nico, Porti, Óscar e Pablo Bas.

Na próxima xornada o Redondela recibe ao Balona Linense, o Arealonga xoga na pista do Cíos Vigo Mondariz, cos anfitiróns na parte baixa da táboa e moi necesitados de puntos, e o Pazos desprázase a Vigo para medirse ao Teis, pechacancelas do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará