Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela ofrece un servizo de intérprete de lingua de signos para persoas xordas

Digna Rivas Lingua de Signos

O servizo permite realizar calquera xestión coa administración local, e tamén a participación en actividades sociais ou culturais organizadas polo Concello.

O Concello de Redondela pon ao servizo de todas as persoas xordas residentes no municipio un servizo de interpretación de lingua de signos para calquera xestión que precisen realizar ante a administración local. A solicitude debe achegarase por correo electrónico mediante o modelo que pode descargarse na páxina web do Concello –www.redondela.gal–. A petición debe ser enviada con 48 horas de antelación ao enderezo silse@redondela.gal. Este servizo prestarase en calquera área do Concello.

A alcaldesa, Digna Rivas, explica que o servizo non se limita aos trámites administrativos, “senón que tamén o poden solicitar no caso de querer participar nalgunha actividade social ou cultural organizada directamente polo Concello”. Neste caso a solicitude deberá ser tramitada, como mínimo, con 7 días de antelación a fin de que o Concello poida realizar as xestións para garantir a prestación do servizo. Rivas gravou unha mensaxe para animar a todas as persoas xordas a utilizar este servizo destinado a mellorar a accesibilidade e a inclusión social e reiterou “o compromiso do Concello coa defensa da igualdade de dereitos en todos os eidos e entre todas as persoas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará